Friday 17 de May de 2024

Mañá xoves, charlas informativas para pais e nais que queiran presentar aos seus fillos na proba de acceso ao Conservatorio


Nos últimos días o Conservatorio Municipal de Riveira continúa coa súa liña de participar en diferentes eventos e na organización de audicións para que os alumnos poidan demostrar ante o público todo o seu bo facer tras moitas horas de estudo dos instrumentos.

Así, na pasada mostra do Eixo Atlántico celebrada no Auditorio de Vilagarcía representaron ao Conservatoiro local os pianistas Yuri Durán Castro, Michelle Pena González e Carlos Rego Sieira, en tanto que os alumnos da clase de saxofón do conservatorio ofreceron unha audición no salón de actos do centro.

Por outra banda, mañá xoves 19 de maio a partir das 20 horas o Conservatorio conservatorio organiza unha xuntanza para todos aqueles rapaces, e sobre todo, pais e nais que teñan intención de presentar aos seus fillos a facer a proba de acceso ao primeiro curso do grao elemental.

Esta proba é obrigatoria por lei para todos aqueles rapaces de entre 8 e 14 anos (cumpridos neste ano) que desexen comezar os estudos musicais no vindeiro curso 2016/2017.

En dita xuntanza explicarase todo relativo a dita proba, así como o procedemento unha vez superada e resolveranse todas as dúbidas que aos pais lles poidan xurdir.